Pelexa
Petersen, 55, Culleredo
Alguén me contou unha vez que cada un de nós tiña o seu camiño escrito, que toda a nosa vida transcorre por uns raís e nada pode cambiar o noso futuro. Non o creo, tomei a miña decisión, elixín o meu futuro e traballei por el, ás veces foi fácil e outras non, ás veces errei e outras non, pero fun quen de dirixir o meu rumbo e hoxe estou onde quero estar, non abandones, non te deixes levar, cre en ti.