CRUCE DE CAMIÑOS
Alba Montes, 58, Vigo
Dicía a miña avoa que, a Sina viaxa en trens sen horario entre a néboa do tempo.
Daquela pensaba que só eran contos para acougar as súas nostalxias.
Mais unha mañá de outono, camiñando cara á ermida da Virxe do Alba, a néboa pechouse e un tren apareceu onde nunca houbo vía.
Detívose fronte a min.
A porta abriuse.
De dentro, unha voz murmurou:
-Albaaaa….
Non fuxín.
Subín.
E alí estabamos as dúas, cara a cara.
Recoñecín aquel ollar vixiante e sempre presente.
Entón entendín: a Sina preséntase sen avisar reclamando o seu.
Non deixa elección.
Só deixarte levar…