CAST / GAL

Náufrago
xulio, 62, A Coruña

Os primeiros días foron moi duros. Pensou que non sobreviviría. Quén lle mandou emborracharse naquel cruceiro polo Caribe, e arriscarse a pasear pola cuberta baixo aquela tormenta? Como caeu ó mar e chegou inconsciente a aquela praia?
A familia estaría desolada, e os compañeiros do bufete, do pádel... Daríano por morto?
O clima era morno. Aprendeu a pescar e apañar mariscos. Había froitas descoñecidas ó alcance da man.
Logrou prender lume, preparado para facer sinais se albiscaba un barco.
Un día apareceu un buque, que puxo proa á illa.
Achegouse á fogueira, apagouna e correu a agacharse na maleza.
Compartir: