TODO CAMBIA
Vero, 35, A Coruña
Unha eiruga expándese ate ser bolboreta,
abrazando o camiño do cambio.
Non amosa resistencias.
Para ela, a transformación é permanencia.
En nós,
as enrugas xeran debuxos na pel,
marcando os trazos do que fomos
e o que algún día chegaremos a ser.
Como apuntou Heráclito,
o único constante é o cambio.
Aceptalo forma parte da vida
e a natureza axúdanos a navegalo.
abrazando o camiño do cambio.
Non amosa resistencias.
Para ela, a transformación é permanencia.
En nós,
as enrugas xeran debuxos na pel,
marcando os trazos do que fomos
e o que algún día chegaremos a ser.
Como apuntou Heráclito,
o único constante é o cambio.
Aceptalo forma parte da vida
e a natureza axúdanos a navegalo.