A morte igualadora
NuskaCV, 31, Redondela
E a vida pasou. As almas correron, dun lado a outro, aterradas, fuxindo da pavorosa man do tempo.
Os seus berros desgarradores deixaban na pel do aire cicatrices de metas frustradas; de obxectivos que non lograran comezar sequera a súa andaina; de aspiracións mortas polo seu propio cumprimento, que deu lugar a unha satisfacción efémera e a un baleiro insaciable.
Tantos esforzos para lograr todo ou nada. Tantas alegrías e decepcións. Todo para decatarnos de que o único destino real é a morte que agarda ó final.