CAST / GAL

Escollémolo nós.
Destinatario, 15, Perillo

Ao espertar atopei unha nota na cama: “Morrerás o 24 de febreiro ás 20:00”. Casualmente estabamos a 24 de febreiro. O día transcorría e eu fuxín da cidade, camiñei por horas, atravesei pontes… Cada pegada deixada no chan era tratando de torcer o destino. O meu reloxo marcaba as sete, eu xa chegara ao cabazo no alto do monte mais deiteime no chan xa que estaba mallado. Durmín cincuenta minutos, faltando dez para a hora sinalada, subín polos chanzos, esvarei e batín ca testa na pedra. Desvanecéndome lembrei que a nota escribíraa eu, bébedo a noite anterior.
Compartir: