Regada de cariño
Javier, 31, Vilagarcía de Arousa
Os máis sabios, doctos, instruidos do lugar acreditaban que estaba irremediablemente seca, enferma, morta.
Pero el faláballe, cantáballe, pregáballe. Facía porque respirase aire fresco, recibise os raios do sol e se mantivera regada de cariño, aínda en forma de bágoas.
Así continuou unha loita desesperada até que apareceu a primeira mancha de verdor. E dela brotou o sorriso que tanto botara en falta a pequena planta.