Pobriña mente, que rica mente
Juan R. Álvaro, 44, Betanzos
Ai, esa mente.
Ai, esa mente que por diversos motivos cos que creciches non evoluciona.
Ai, pobriña mente que che fai un pobriño home.
Pero chega un clic.
Un clic que fai mover tódalas fichas do dominó.
Un clic que che leva a un mundo descoñecido que te satisfai.
Un clic que leva a outro clic. E ese outro clic que leva a aqueloutro clic.
E de súpeto decátaste de que, coa concatenación de clics, vas pouco a pouco convertendo a pobriña mente a unha rica mente.
Que rica mente tes agora.
E o que lle queda.