FLORERIA RAMIRO
ÁNGELES MADRIÑÁN, 54, A Estrada Pontevedra
Finalista
Ramiro Cangallo tiña a feitura grande e robusta dun xigante, ademais dunha cicatriz que lle atravesaba a meixela como un lostrego rabioso. Gustáballe trazar pinchacarneiros cunha Derbi que un día guindou con el na explanada da canteira e lle desfigurou o rostro.
Co tempo fíxose porteiro de discoteca, porque disque lle acaía a tal fasquía tal fado. Era infeliz naquel choio, pero todo lle empurraba cara alí.
Cada noite, dende a atalaia dos seus ollos verdes, soñaba con elaborar ramos fermosos de rosas, tulipáns, margaridas.
O corpo ditáballe un destino, pero arrepúxose e deixou voar a súa alma de florista.