Baleira
Liliada, 19, PONTECESURES
Con once anos aprendeu a distinguir o son dunha chave ao abrirse. Ás veces chegaba cedo; outras, ao corredor quedaba demasiado longo. Na mesa sobraba sempre un prato, e ela comezou a gardalo sen preguntar. Mentres as amigas enchían cadernos de pegatinas, ela dobraba roupa aínda quente e deixaba unha cunca preparada para a mañá. A súa nai sorría máis coas luces apagadas, e ela facía como se non o notase. Un día decatouse de que xa non esperaba un conto antes de durmir. Sen darse conta, medrara no espazo baleiro dunha cadeira.