Querido papá
PAZ, A MONCHA, 64, Vigo
Finalista
Papá. Hoxe, no teu cabodeano, escribo para darche as grazas por non embarcar naquel mercante de Vigo cara a Montevideo no 1951.
Pasácheslle o teu billete ao teu irmán, pasácheslle a túa vida. El coñeceu alí á tía, fixo as américas e tres fillos.
Ti escolleches quedar na terra, na tenda do teu tío Sabino.
Eu son filla de Moncho de Sabino e de Vita da Fábrica, porque non colleches o barco. De facelo, eu existiría?
Aria, negra, rica, pobre, gorda, fraca; tería que ter nacido, pode que sen a sorte que tiven.
Grazas papá, por non ter embarcado.