CAST / GAL

Festas do verán
Rubens, 32, As Pontes

Na aldea era fácil seguir o ritmo das estacións, o po que se levantaba ao andar pola herba seca, as conversas dos grilos que se silenciaban ao chegar preto deles e aqueles coches con matrículas de cidade que só aparecían dúas ou tres semanas ao ano.
Mentras arrastraba os pés e o caiado camiño abaixo, lembraba cando as voces ao lonxe e as risas dos nenos non eran sinónimo de verán e festa, senón tamén da vida cotiá, unha vida que xa existía só na memoria.
Compartir: