Ilusión ou castigo
Iago, 28, Santiago de Compostela

Unha ilusión ou un castigo? Ti decides. O destino pode ser un soño que cumplir ou pode ser un pesadelo que non che deixe durmir. Poder ser unha meta, un proxecto, un obxectivo que alcanzar… pero tamén pode ser unha prisión, unha cela feita con barrotes de medo e resignación. O destino pode ser un motivo de alegría ou de tormento, un camiño apaisoante ou a peor forma de perder o tempo. Ti elixes que sendeiro percorrer: ilusionarte e loitar por conseguir o que máis queres ou rendirte e castigarte pensando que non vales para algo mellor.