CAST / GAL

Vellas fotografías
LFdN, 32, Lugo

Gústame ollar as exposicións fotográficas. Porque son neses momentos, ollando persoas e lugares de outras épocas que non coñezo, nos que aproveito para imaxinar como sería a miña vida se me cambiase por algunha desas persoas anónimas. E como sería a delas se, por sorpresa, descubrisen que alguén se cambiou por elas. Coma quen cambia a folla do calendario. E agora teñen que vivir nun lugar e contexto diferentes.
Se cadra, algún día, nalgún lugar remoto, alguén atopa unha fotografía na que saio eu e imaxina que toma a decisión de trocarse por min.
Compartir: