Vida gata.
Trizbe, 32, Vigo
Nin ben coñecín este mundo cando comecei a sentír un abrazo plastificado e frío, lonxe, moi lonxe do abrigo quentiño que me acubillaba ata este intre. Dando tombos notei que me tiraban nun lugar no que non notaba o calorciño do sol. Pouco a pouco notaba a falta de aire… ata que nun penúltimo suspiro apareceu ela, cas súas mans quentiñas que me salvaron daquela morte segura, pero non era meu destino. Non podía abrir os ollos tan siquera, pero sabía que estaba a salvo. Díxome que me ía sempre, e eu agradecida, solo sabía dicir -“miau”.