O reencontro
Ardora, 53, Vigo
Había moito tempo dende que ela marchara e cando se encontraron foi algo casual.
Por un momento cruzaron as miradas, pero non souberon ler nelas.
El quixo sorrir, pero na súa face debuxouse un aceno estraño.
Devecía por preguntarlle, por saber o que pasara, pero non tivo coraxe.
Ela tería gostado de explicarlle as cousas, pero perdeuse no seu silencio.
El, sentindo como se todo tivese acabado, despediuse cun lacónico “Abur”.
Ela, cunha aperta no peito, seguiu o seu camiño.
E ningún dos dous se decatou de que acababan de deixar marchar o amor das súas vidas.