O bandullo mollado
Xavier, 45, Santiago de Compostela
Conseguira saír. E alí estaba a mesma escena, a mesma escena outra vez. Escoitou a Voz Aquela:
-Volve ao teu sitio, farsante! É inútil fuxir!
Resignouse. Ficou quieto. Apareceu unha muller, que o colleu do pescozo e volveu metelo co resto de parrulos da tómbola. Outra vez o bandullo mollado. Xa non pensaba na próxima vez que o sacase da auga algún cativo, xa non albiscaba a liberdade. Pero... quen sabe?