CAST / GAL

Predestinada a voar
Ana SV, 29, Vigo

Nos case dez anos que Rosa pasou no estranxeiro, a súa mochila carrexaba o peso da culpa a cada novo destino, por estar lonxe da terra que lle dera a vida. Cando se viu na obriga de volver, condicionada polos reproches de coñecidos e descoñecidos, non foi recibida con sorrisos nin apertas. Por moito que intentaba adaptarse, a presión no peito aumentaba a medida que pasaban os meses desde o seu retorno. Sentíase un paxaro engaiolado nunha casa que xa non sabía a fogar. O seu destino era voar. Por fin lixeira, aceptando a súa natureza.
Compartir: