CAST / GAL

Ao lonxe, o Mediterráneo
MALA Fernández, 66, Ames

Avanza baixo un sol despiadado. Ten sede, os beizos gretados, secos; un po ardente branquea a súa pel. Ao oeste, brilla feliz o Mediterráneo. Aferra da man unha rapaciña; no colo acariña un bebé.

Unha lúa vermella guíaa cara a unha tenda antes branca. Unha muller recíbea en silencio: ausculta, palpa ese corpiño sen carne —ese feixe miúdo de ósos—, escoita chorar a nai e certifica a defunción.

Crúzanse as miradas. A muller aperta a súa filla sen vida. A doutora mira o chan; sente as bágoas esvarar polo rostro.

Non é o destino, son os homes —pensan—. É Gaza.
Compartir: