O eco da moeda
Flavia, 35, Lugo

No Museo Provincial de Lugo, Clara detívose ante unha vitrina esquecida. Dentro, unha moeda romana xiraba soa. No bordo podía lerse: “Destinum aut casus.”
Preguntou ao vixiante, pero xurou que alí non había nada. Cando volveu mirar, a vitrina estaba baleira.
Esa noite soñou con corredores infinitos e unha voz: “Non todo achado é casual.”
Ao día seguinte, atopou outra moeda: levaba o seu nome e a data de mañá.
Clara morreu esa noite.
Dende entón, ás veces, no silencio do museo, escoitase xirar unha moeda onde non hai nada.
Destino... ou puro azar.