Nómades sedentarios
Ainara Sueiro, 17, Pontevedra
Consideras que é unha insania nacer coa cimentación dunha casa nos ósos, pero mira os caracois. Non renegan o exoesqueleto porque é xeróglifo, fogar e latexo: todo nun mesmo planisferio.
Podemos pensarnos afortunados porque nós desdobramos o corpo en dous. Recitamos coordenadas coma se fosen un feitizo, e aínda así permitímonos dicir "o meu fogar está aí"dende o extremo oposto da esfera.
Coitados caracois, o seu destino e medrar e morrer na casa coa que nacen. É fortuna e perdición, e aínda así non anhelan facer as maletas. Ser nómades sedentarios ten o seu encanto.