Cruza-la rúa
Nesi Lambea, 35, A Coruña
A cotío penso se aconteceu por eses dez minutos de máis que quixen durmir despois de que soara o despertador. Se vacilase máis ou menos o que ía vestir esa mañá, se almorzara algo distinto, ou me parase a falar dous minutos máis coa miña nai en vez de corta-la alegando as présas... puido tamén ser a diferencia entre coller escaleiras ou ascensor, todo remexe na miña testa. As posibilidades deixanme sen forzas. E nese intre sempre remato asumindo que o coche agardaba pra min, simplemente. Ó fin e o cabo, quen lle pode escapar á morte?