CAST / GAL

A elexida
Raquel, 50, Arteixo

Din que o destino non se escolle, pero Uxía sempre dubidou.
A súa nai cría nos signos, nas cartas e nas mareas. Uxía, non.
Ata que un día, ao saír do Gadis de Arteixo, a moeda do cambio caeu ao chan e rolou ata deterse diante dun anuncio: “Buscamos voluntarios para cambiar o mundo”.
Anos despois, xa na selva do Amazonas, coas botas cubertas de lama e o corazón cheo de nomes imposibles de pronunciar, acordouse daquela moeda.
O destino non é unha liña trazada. É un intre, unha mirada, unha decisión.
E, ás veces, unha moeda rodando.
Compartir: