CAST / GAL

O destino
Pomba branca, 52, Santiago de Compostela

Medraron xuntos. Tiveron fillos. Mentres foi camiñando polos clubs de futbol íase acabando o tempo, sen que o soubesen. Cada tempada era un banzo, unha mellora, un recoñecenento. A Premier League, unha coroa no pasamento. O destino, unha moeda sobre os ollos para pagar unha peaxe doutro mundo. Casar, amar e morrer en horas, que contan como décadas. O destino non agarda, non entende de felicidade, nin de momentos. Tampouco de sacrificios nin de méritos. Arrasa con todo, cando chega. Non entende de cartos, de amor nin de tempo. Deixa a súa pegada e vaise como veu, en silencio.
Compartir: