Os camiños da memoria
Vieites, 30, Arzúa
Sentía o tambor no peito. Os nervos previos á festa. A Rapa das Bestas, ou o San Froilán. Xa non estaba moi seguro. Cando un é mozo ás veces unhas festas mézclanse cas outras. As cores bailaban entre as árbores. Crín oír gaitas. Sen dúbida estabamos chegando ó destino. Bendita emoción.
—Creo que chegamos —dixo o xoven que me levaba.
Unha moza saiu e colleume do brazo.
—Manolo, volveches escaparte, pillabán.
Acaricioume. Levaba unha pulseira. "Residencia San Cristobo".
Xa non sei se cheguei á festa. Pero cheguei. Ao meu destino. Aínda que ás veces o destino non sexa como imaxinamos.