Amar tamén é destino
Raquel, 50, Arteixo
Chámome Arturo. Nacín marcado polo destino: miña nai abandonoume ao nacer e unha man amiga deulle biberón á miña fame. Caín en trampas, mancheime de pegamento, perdinme, quedei preso nun cortello… e sempre houbo quen me rescatou. Eu, agradecido, deixábame coidar, confiando en que a vida me sorriría. Mais as pedras na vexiga convertéronse en cadea de dor e sufrimento. No día da Asunción, deitei a cabeza no colo de quen tanto me amaba. Xa non había dor, só descanso. Agora, dende o ceo dos gatos, vixío a quen fixo do meu camiño, breve e difícil, un verdadeiro fogar.