O ROSTRO E A ALMA
Javicho, 54, Foz
Quen era aquel home que o miraba fixamente?
O cabelo branco, marcadas engurras na faciana, barba cana, e mirada cansada.
Facíaselle tremendamente coñecido, pero non podía recordar o seu nome. De súpeto, un destello brillou no fondo daqueles ollos verdes que non deixaban de observalo, e a chispa acendeu unha chama de cálidas lembranzas.
El, aquel home era el mesmo contemplándose a través da crúa sinceridade do espello.
Que desapiadado escultor cicelara daquel xeito brutal o seu rostro?
Coñecía ben a resposta: o tempo.
Sorriu con melancolía. Si, quizais aquela fose outra cara, pero aínda, alí, habitaba a mesma alma.