O MORCEGO
Carlos Varela, 49, As Somozas
Cortei o pelo, e foi revelador; quedaron expostas e máis visibles ca nunca as miñas poderosas olleiras. Son coma un morcego cheo de remorsos. Mentres ficaba sentado na perruquería e a caída do meu cabelo daba paso ao protagonismo das miñas bolsas oculares, decateime de que agora o tíña moi sinxelo para pescudar o meu destino; as miñas olleiras lense coma as liñas da palma da man. Todo o mundo pode velo.
Co meu destino así de exposto, voltei á casa por unha crema, desexando que o pelo me creza axiña, e a disimular todo o posible.
Co meu destino así de exposto, voltei á casa por unha crema, desexando que o pelo me creza axiña, e a disimular todo o posible.