CAST / GAL

Familia Pena García
Mariñeiriña, 51, A Coruña

Finalista

Na taberna do porto, a televisión narraba o naufraxio dun pesqueiro e a busca dos tripulantes, tres xeracións da mesma familia. A clientela, veciños e amigos dos desaparecidos, atendía en silencio sabendo que alí o mar perde a beleza e badalea á morte.

— Esas pedras morden.

Falou o vello mariñeiro dende o recuncho onde sentaba só a diario.

— Non van volver —continuou elevando a voz—, ese apelido está maldito.

Todos miraron para el sen a coraxe de porfiar tan escura certeza.

— Ningún!

Sentenciou petando co vaso baleiro na mesa mentres o camareiro abría outra botella.
Compartir: