CAST / GAL

Cambio climático
Fer, 48, Padrón (A Coruña)

Rúas baleiras por mor dunha calor cada vez máis sufocante.
O vello, co seu gastado caxato entre as mans rugosas, descansa diante dun televisor que emite un feble son. Novas e imaxes sobre incendios, tormentas, secas, sobre fame e destrución, o cambio climático que chaman.
Os seus apagados ronquidos rompen a tranquilidade da tenue estancia, namentres unha mosca rebule polos restos de comida que comezan a podrecer no prato esquecido derriba da mesa.
Un vento avelaíño e cálido entra pola abertura dunha das ventás, o vello soña, e lonxe, moi ao lonxe, escóitase a risada dun meniño.
Compartir: