CAST / GAL

O billete
Lucía, 35, Lugo

Cando pasábamos os veráns na casa dos avós, os martes e venres ibamos á cidade ó supermercado a mercar productos que non había alí, como tabletas de chocolate Jungly ou galletas Tosta Rica e a baticao clásica de cada ano. Cheos de víveres, baixábamos do coche e o avó dicía "acabouse o billete chegamos ó destino". Días de xogar ás comiditas ca terra e ca herba, de batallas campais cos baldes de auga, días de bicicleta e aire puro, noites de "non se mover unha folla", días de avós. Que destino vacacional tan fermoso e tan inesquecible.
Compartir: