CAST / GAL

De volta a casa
Felix Penedo, 57, A Coruña

Levaba moito tempo sin voltar ao que fora o seu fogar.

Dende o autobús, de camiño á casa, puido comprobar como a rúa cambiara por completo. Talaran as vellas árbores que invadían o asfalto para faceren as aceras máis anchas.

Seus pais estaban a esperalo diante da porta. Eles tamén estaban cambiados. O seu pai levaba un bastón e camiñaba con dificultade.

O entrares, o arrecendo a caldo recién feito o inundaba todo.

Despois de xantar copiosamente, a súa nai mirouno preocupada e díxolle:
—Estás máis delgado. Quedaches con fame? Fágoche un bistec?

Hai cousas que por sorte nunca cambian!
Compartir: