CAST / GAL

Cruel azar
M.W., 16, Redondela

A moeda liberou un derradeiro brillo denantes de despegar. Ninguén apartou a vista dela, mais inevitablemente fundiuse no campo de estrelas ó alcanza-lo cénit da súa traxectoria. Semellou que tardaba un século, pero finalmente precipitouse dende o ceo coma un cometa. A amarela luz dos farois verteuse sobre o disco arxénteo, esta permitiu contemplar por un intre a cruz da moeda. Cando quedaba menos do que tarda un corazón acelerado en contraerse pra que a moeda bicase o chan, unha veloz man atrapouna. Por fin, os dedos abriron a súa gaiola de carne e revelouse o resultado...
Compartir: