O Chineiro
Paloma, 63, A Pobra do Brollón
Cando Mery Murphy limpaba aquel chineiro do XIX que acababa de mercar, abriuse unha secreta na que había un fachuciño de cartas e o retrato dunha muller cunha nena no colo, o mesmiño que a avoa tiña na cheminea da casa de Newark.
O Valadouro, 3 abril 1898
Querida Maruxa:
Esperamos que ao recibo da presente te atopes ben. Pois Maruxiña, xa nos dirás como chegaches ti, a pícara e máis a túa dote: ese chineiro de cerdeira brava que tanto empeño puxeches en levar ás Américas...
Mery Murphy acababa de descubrir a María Doval Maceda, a súa tataravoa galega.