CAST / GAL

Novo horizonte
Xosé Antón, 59, Portas

Nacín nunha pequena casa de Santiago con horizontes pequenos. Pero hoxe colmei as miñas aspiracións. Entrei por unha fenda nun bólido vermello. De súpeto, o mundo acelerou. Sentada no cadro de mandos, viaxei á velocidade do raio, fresca grazas a un aire acondicionado que cheiraba a piñeiro.

Cando o condutor baixou o cristal, o aire de interior cambiou polo salitre do Atlántico. Saín disparada cara ao porto de Vigo. En menos dunha hora, mudei de vida. Son unha mosca cosmopolita, a raíña da AP-9, lista para conquistar novos lares a cen quilómetros do meu fogar.
Compartir: