CAST / GAL

59
Antón, 47, O Milladoiro

A derradeira robaliza ollábame dende o xeo picado.
-59? - chamou a pescadeira.
-Eu, ponme esa robaliza- pedíu a moza.
Engurrei a papeleta co 60 e fun derrotado á cola da caixa onde xoguei a imaxinar as vidas dos demáis.
- Pasen por orden de fila pola Caixa 3.
O vello de diante, no meu xogo un mariñeiro xubilado dun petrolero da ruta do canal de Suéz, díxome que pasara. De súpeto, o número 59 colóuseme cun soriso de mofa colocando victoriosa a bolsa do peixe na cinta transportadora.
Así foi como coñecín a vosa avoa.
Compartir: