CAST / GAL

Un remate que deixe marca e non saia voando...
María do Eugenio, 48, Porto do Son

Segundo premio

Era unha vez... Pedinlle ó contista a posibilidade de trocar o destino. Eu son unha cativa de oito anos e nunca comín perdices. Pode facer vostede, señor narrador, que as personaxes dos contos rematen saboreando onzas de chocolate? Encantaríame compartir con elas o sabor da felicidade, o sabor da mesma vida, tan semellante o do cacao azucarado: amargo e doce a un tempo.
Compartir: