O reloxo de cuco
Bea, 38, Ourense
Non sabía porque, pero as pisadas de Laura levárona ata a antiga casa dos seus avos. Nada máis entrar na aira, comezaron a resoar na súa cabeza as risas de cando eran pequenos e xogaba alí cos seus primos e veciños. Cómo podía cambiar todo en tan pouco tempo? Entrou na pequena casa. Todo estaba escuro, agás un prequeno raíño de luz que entraba desde a fiestra da cociña. Recoñeceu aquel silencio da aldea. O pequeno tempo no que os traballos no campo cesaban. De pronto, escoitou un sonido familiar, achegouse e alí estaba, o reloxo de cuco da avoa.