Filloa de sangue
Sedán, 49, Campelo
Finalista
En canto puiden, asomeime á vida, como quen chega tarde a unha conxura de bruxas na noite de San Xoán, aqueles ollos todos cravados en min non facían outra cousa que máis sangue se cabe, e todo por asemellarse ao tizno da lareira. En canto puiden entendelo lembrei as verbas da vella Aurora: "acouga miña filla que do porco ese ben que se aproveita tamén o seu sangue". En canto puiden, morrín ledo de ter vivido a vida que me deron, o porco, o sangue e unha loira rapaza namorada do seu destino.