CAST / GAL

Reflexións do destino
Raquel, 20, Marín

Destino: palabra á que moitos lle botan a culpa do que non entenden ou non queren afrontar. Marcas o camiño, pero non serás ti unha invención nosa para xustificar medos e decisións postas en dúbida? Por que esperar por sinais ou reencontros cando somos nós quen escollemos o momento?
Recoñezo que ás veces sinto a túa presenza, como unha corrente invisible que empurra. Mais cada vez creo máis que esa forza nace dentro de min, non de ti. Quizais non sexas máis ca un espello das miñas eleccións, un nome que lle poñemos ao que non nos atrevemos a asumir.
Compartir: