CAST / GAL

O futuro fala en voz baixa
Paula, 15, Milladoiro

Sempre pensei que o destino era un rumor que contaban nos libros de fantasía, ata aquela tarde na librería. Buscaba un agasallo para a miña avoa e os meus dedos rozaron un libro cuberto de po sen título. Ao abrilo, apareceu unha foto miña cando era pequena, ca miña mellor amiga, antes de perder contacto. Entre as páxinas, atopei unha carta sen firma que dicía: “Regresa ao xardín das cerdeiras”. Ao día seguinte, volvín ao parque onde adoitabamos xogar e, baixo a árbore florecida, atopámonos de novo. Ás veces, o futuro fala en voz baixa.
Compartir: