CAST / GAL

Unha maleta, unha porta e un ente extraviado
Alma Serea, 18, Frades

Espertou a mañá e alí se atopaba ela.
Amosouse co seu vestido de flores, acompañado dun precioso lazo roxo que recollía a súa longa melena.

Alí estaba ela coa súa maleta.
Agardaba, con medo, polo seu namorado.
Un namorado pantasma.

Si, pantasma.
Pantasma invisíbel aos ollos dos demais pero branco aos seus.

Quizais, e só quizais, todo tería sido distinto se el non cruzase esa porta.
Todo quedou nese quizáis, pois isto era obra do destino.

Precisaban dun ente que non se manifestou.
Un ente que non permitise esa travesía por aquela porta e a fuxida dela naquel tranvía.
Compartir: