O destino (im)probable
Marina, 54, San Miguel De Castro
Que boa idea esta de facer unha viaxe impensada, case terapéutica, á aquela aldea túa, tan recóndita, onde fora tan feliz contigo.
Xa nunca se vai repetir viaxar xuntos ó destino tantas veces recordado, sempre soñado, seguramente idealizado, baixando por carreiros pedregosos ata o río tan escuro alí embaixo, tan ó fondo.
As lembranzas tan tenras daquel vran arrecenden a herba seca e a xestas, a resina dos piñeiros e a silveiras cheas de amoras negras.
As lembranzas, aí!
Tal vez elas poidan suplir en parte a túa ausencia.