Chegar á beira
Sheila Reboiras, 42, A Coruña
Á sexta remada decatouse de que xa non estaba loitando contra o mar: cada golpe de remo cuspía ducias de peixes prateados, e un estalo na madeira trémula alertaba dunha posible rotura. Aquilo sobre o que flotaba non era auga. Relaxando os brazos por un intre, contemplou a noite escura e brillante; e, cun suspiro de alivio e decepción, preguntouse se a vida que brotaba a borbollóns ao seu redor, acabaría por impedirlle facer o que tan decididamente se propuxera ao partir: chegar á beira, e alí, morrer.