CAST / GAL

A cunca
Corvo Esbrancuxado, 47, San Sadurniño (A Coruña)

Como un costume atávico, o avó sempre almorzaba o caldo á unha do mediodía naquela esportelada cunca de porcelana que ninguén máis ousaba empregar.

Sentaba no mesmo tallo, á cabeceira da mesa de carballo, e degustábao silandeiro, convencido de que calquera mudanza no seu ritual estragaría o seu sabor.

O luns atopouna escachada.

Colleu outra e sorprendentemente o caldo sóubolle igual.

Ao día seguinte decidiu cambiar tamén de sitio na mesa.

Daquela, compunxido, comprendeu que o importante nunca fora a cunca nin o ritual, senón a vella receita da avoa, capaz de devolvela á mesa en cada cullerada.
Compartir: