Fíxose meu
Mei, 16, Lugo
Estiven destinada a nacer na Galicia
Coas carnes feitas de flores
E a cabeza chea de bolboretas
Crecín rodeada de xentes enxebres
E a boca enriquecida pola miña lingua,
Nacín aquí para sentir,
para chorar bagoas doces e rabiosas,
salgadas e temerosas
Coñecín cedo o que era soñar,
E soñei con ter o corazón enchido de amor,
por un mozo galego de aloumiños delicados e apertas quentes
Atopeino, mentres regaba as miñas flores,
e atolondraba as miñas bolboretas
Aquí, na terra verdosa,
na terra sosegada,
encontrei o meu amor,
de cabelos feitos de estrelas
e ollada feroz.
Coas carnes feitas de flores
E a cabeza chea de bolboretas
Crecín rodeada de xentes enxebres
E a boca enriquecida pola miña lingua,
Nacín aquí para sentir,
para chorar bagoas doces e rabiosas,
salgadas e temerosas
Coñecín cedo o que era soñar,
E soñei con ter o corazón enchido de amor,
por un mozo galego de aloumiños delicados e apertas quentes
Atopeino, mentres regaba as miñas flores,
e atolondraba as miñas bolboretas
Aquí, na terra verdosa,
na terra sosegada,
encontrei o meu amor,
de cabelos feitos de estrelas
e ollada feroz.