CAST / GAL

Donas da miña luz, estou en Palestina
Andreia, 46, San Antonio TEXAS USA

Exeria de Galiza non era escritora; porén foi a primeira peregrina en crear epístolas da súa viaxe no século IV. Aparentemente non había vaso comunicante entre nós. Mais aquela noite de piollos mudou a miña perspectiva.
Pregunteille a IA por unha habitación libre, facilitoume o enderezo do vello Mosteiro no Bierzo. Cando cheguei a pousada un bedel de cincocentos anos sacou un libro de rexistro para asinar. O home deume unha chave de ferro cunha placa de madeira co número 4 e no reverso o nome de Exeria. Cando despertei na parede lin: SOS Palestina.
Compartir: