O esperado.
Souto Gómez, 24, Santiago de Compostela

Noite esperta do mes de agosto. Unha coma tantas despois da súa chegada. Vermellas e laranxas cores que alimentan o desacougo. Soberbias danzas arrepiantes converténdose en donas da terra. Da nosa terra.
Que máis hai que esperar daqueles que pouco fixeron para evitalo? Risas afogadas polo fume negro. Namentres, os iñorantes e coitados choran na procura dunha orixe incerta alá onde se agochan os asubíos do vento.