CAST / GAL

Lembranzas
Miguel Armesto, 34, A Coruña

Finalista

Prostrado na cama, ás portas da morte, contemplo como unha bágoa percorre os camiños que o tempo debuxou no rostro do meu amor. Pecho os ollos por derradeira vez e mergúllome na eterna escuridade que tanto temín sempre. É precisamente nese intre cando recordo que xa van varias vidas vividas e que en todas elas namoreime da mesma alma en distintos corpos. Volvo a nacer e, mentres miña nai apértame contra o seu peito, un intenso pranto apodérase de min polo inminente esquecemento do meu amor ata que lembro un feito irrefutable: atopeite en tódalas miñas vidas, atopareite nesta.
Compartir: