Mutare
Noelia, 18, Cedeira, Redondela
Non é cousa de anos, nin meses.
Ás veces, todo pode mudar nun segundo,
nun só intre, cando todo vai ben...
As noites agora semellan máis frías,
e o luscofusco adianta a súa chegada,
como se tamén o día soubese da túa ausencia.
Os paseos parecen volverse máis longos,
máis cansos, máis pesados,
e moi, moi silandeiros,
coma se a mesma rúa estivese agardando a túa voz.
As miñas meixelas esperan os teus cálidos beizos,
e, no seu lugar,
unha morea de húmidas bágoas percorren o meu rostro.
O tempo segue pasando,
e eu non aprendendo a vivir sen ti.